Thursday 28 de March de 2024

As cinco parcelas de Costa Miño pasan a formar parte definitivamente do patrimonio do Concello


• Manuel Vázquez Faraldo formalizou hoxe #ante notario a escritura pública do campo de golf, unha parcela para uso comercial, outra con destino a determinar e a que xa conta coas estruturas de 20 vivendas pareadas.

• Manuel Vázquez Faraldo explica que “ é un paso moi importante para Miño porque consegue un patrimonio que ata ou de agora non tinga e que de fronte ao futuro vai ser decisivo”.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, formalizou hoxe #ante notario a escritura pública pola que as cinco parcelas en Costa Miño titularidade de Martinsa FADESA S.A. que se obtiveron en dación en pago pasen así a formar parte definitivamente do patrimonio municipal.

Así, formalízase a dación en pago das parcelas que se obtiveron en dación en pago tras gañar o litixio a Martinsa FADESA S.A., que son: as do campo de golf, unha parcela para uso comercial, outra con destino a determinar e a última que xa conta coas estruturas de 20 vivendas pareadas.

A partir de agora poñerase en marcha o proceso para asinar un novo convenio cos actuais xestores do club de golf, implantar a demandada instalación comercial para a urbanización e sacar á venda as estruturas e o resto das parcelas.

Manuel Vázquez Faraldo explica que “ isto é un paso moi importante para Miño porque consegue un patrimonio que ata ou de agora non tinga e que de fronte ao futuro vai ser decisivo xa que lle permitirá obter unha rendibilidade”.